Aviso legal

O Concello da Estrada facilita información de interese turístico para o poboación a través de turismo.aestrada.gal.

Os contidos deste sitio web poderán ser modificados e actualizados polo Concello da Estrada sen necesidade de previo aviso, tanto no referente as informacións como a estrutura e deseño gráfico.

O Concello inclúe nos seus sitios enlaces a contidos externos que considera de interese para o cidadán, observando sempre a normativa que regula os dereitos de propiedade intelectual e as normas básicas de comportamento ético en Internet. A este respecto, o Concello non se responsabiliza das modificacións que poidan producirse nos destinos dos enlaces externos incluídos no sitio municipal, nin do uso que se faga deses contidos por parte dos usuarios da web.

O Concello da Estrada é titular dos dereitos de propiedade intelectual do deseño e códigos que se recollen nos dominios de Internet mencionados previamente, excepto que se faga referencia expresa en sentido contrario. As marcas ou signos distintivos de calquera clase que se recollen nestes sitios web están igualmente protexidas pola lexislación vixente. A reprodución, distribución, comercialización ou modificación non autorizada de todos eles constitúe unha infracción dos dereitos de propiedade intelectual.

A utilización non autorizada expresamente da información contida nos dominios, así como os perxuizos que puideran ocasionarse nos dereitos de propiedade intelectual e industrial do Concello da Estrada poderán orixinar o exercicio por este das accións que legalmente procedan.

O usuario recoñece e acepta que o uso dos contidos e servizos ofrecidos polo Concello da Estrada na súa web realízase baixo o seu único e exclusivo risco e responsabilidade.

O usuario comprométese a facer un uso dos servicios e contidos da web adecuado á lei, e a non utilizalos para realizar actividades ilícitas ou contrarias as normas básicas de comportamento ético en Internet, que atenten contra os dereitos de terceiros ou que infrinxan os dereitos de propiedade intelectual e industrial, ou calquera outra norma aplicable.

O Concello da Estrada non será responsable dos fallos que se puideran producir nas comunicacións, incluído o borrado, transmisión incompleta ou retrasos na remisión, non comprometéndose tampouco a que a rede de transmisión estea operativa en todo momento. O Concello da Estrada resérvase o dereito a denegar ou retirar o acceso o sitio web ou os servizos, en calquera momento, e sen necesidade de aviso previo, a aqueles usuarios que infrinxan as presentes condicións.

Nos casos non previstos en estas condicións xerais, así como na interpretación e resolución dos conflitos que puideran xurdir como consecuencia destes, será de aplicación a lexislación española.

O tratamento dos datos de carácter persoal que se recollen a través de turismo.aestrada.gal, realízase de acordo co disposto na Lei Orgánica 15/1999, de Protección de Datos de Carácter Persoal e demais normativa aplicable. O interesado poderá exercer os seus dereitos de acceso, rectificación, cancelación e oposición, nos termos establecidos na lexislación aplicable, por escrito dirixido o Concello da Estrada, Praza da Constitución, s/n – A Estrada

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración