Camiño Miñoto Ribeiro

O Camiño Miñoto Ribeiro e outro dos camiños que enlazaban o norte de Portugal coa cidade do Apóstolo Santiago. Consta de varios ramais que penetran en Galicia por Portela do Home xuntándose nunha única vía que comparte partes do trazado co Camiño da Geira e dos Arrieiros.

É precisamente xusto antes de entrar no concello da Estrada onde estas vías se separan, atravesando o Camiño Miñoto Ribeiro o municipio da Estrada pola zona de Pardemarín, Lamas e Rubín para finalizar a etapa no lugar da Pena do Foxo.

Desde o Foxo diríxese cara a igrexa parroquial de Ribeira, de arquitectura neoclásica e que custodia no seu interior a figura dun Santiago Peregrino.

Esta páxina web utiliza cookies para mellorar a súa experiencia de navegación. Máis información sobre como usamos as cookies e de que maneira pode cambiar a súa configuración